CRTVG

Buscar

Minuto de silencio polos dous mozos desaparecidos esta semana en Porto do Son

Publicado o 11/07/2020 14:58

Xornada emotiva de moita dor a vivida este mediodía en Noia, onde se gardou un minuto de silencio por Xabier Hurtado e Miguel Quan, os dous mozos desaparecidos o luns pasado cando navegaban en kaiak pola costa de Porto do Son.

Diante de profundas mostras de conmoción e dor, os amigos dos mozos desaparecidos quixeron homenaxealos improvisando un pequeno altar e gardando un minuto de silencio, que contou coa participación das familias de Xabier e Miguel.


Os dous mozos continúan sen localizar dende o luns despois de que saíran a navegar en kaiak cunha amiga pola praia de Cabeiro, en Porto do Son. A embarcación envorcou e só a moza puido chegar a terra.

Os familiares dos mozos non desisten na súa busca pola zona na que se produciu o naufraxio, pero tamén agradecen o cariño e o ánimo da rapazada e dos veciños de Noia.


 

Noticias web

11/07/2020

Máis sobre Porto do Son