CRTVG

Buscar

Minuto de silencio pola cirurxiá asasinada en Madrid

Publicado o 19/08/2019 13:09
Minuto de silencio pola cirurxiá asasinada en Madrid

O Concello de Madrid convocou un minuto de silencio para amosar o rexeitamento e condena polo asasinato por violencia machista da cirurxiá do Hospital da Princesa que foi achada morta no seu domicilio. Tamén decretará tres días de loito oficial. A Policía busca a súa parella.

El e a vítima estaban nunha base de datos de seguimento por violencia machista dende novembro, cando a Policía interveu cando el mallaba nela en plena rúa. O prófugo foi denunciado pola súa anterior muller o mesmo día do crime nunha comisaría de Alacante por enviarlle ameazas por WhatsApp.


 

Noticias web

19/08/2019