Minuto a minuto: seguimos as evolucións da cicloxénese ao longo de toda Galicia
Publicado o 06/06/2019 18:47

A borrasca Miguel chega a Galicia este xoves en pleno mes de xuño. Seguimos a súa evolución ao longo de todo o país.
18:45
Pólas caídas e paraugas no lixo, os efectos do temporal en Santiago
17:22
A forza do vento fai caer dúas embarcacións que estaban a ser reparadas en Sanxenxo
17:20
A algúns peregrinos a chuvia colleulles no peor momento
16:00
O vento zoa no banco panorámico de Noalla. Vídeo de Lorena Alonso
14:26
Na Lanzada "chove de lado"
13:14
Os barcos na Mariña buscan refuxio
13:07
Aviso amarelo na provincia de Ourense. Os aeroxeradores traballan a pleno rendemento
12:57
O vento zoa con forza en Oia
12:43
Cayetana é mariscadora en Poio e mandounos esta foto, alí traballan agora mesmo nestas condicións
12:37
Xa temos rexistros de ventos de máis de 80km/h contan en Meteogalicia
11:49
Na Coruña o paseo está listo para recibir a Miguel. Ollo coas imprudencias
11:46
A redactora da Radio Galega Mar Novás en Baiona, aínda non voa, pero case
11:33
Malpica. Os compañeiros de directos ao pé da noticia
11:25
Os peregrinos desafían á chuvia e ao vento