Minuto a minuto da xornada electoral do 12 de xullo en Galicia
Publicado o 12/07/2020 13:19

13:17
Vota en Valga unha muller de 104 anos
12:48
Os datos de participación nas eleccións autonómicas galegas indican un incremento de votantes ao mediodía
12:32
Beatriz Pino (Cs) cre que Galicia e os galegos teñen hoxe moito que gañar
12:08
O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, votou este mediodía no centro cívico da cidade vella na Coruña
12:06
Núñez Feijóo vota en Vigo, onde di sentirse orgulloso dos galegos e agradece a súa participación nas urnas
11:50
María Jesús Fernández, candidata de Vox por Ourense, votou no seu colexio electoral antes do mediodía
10:57
Un grupo de relixiosas exerce o seu dereito ao voto nun dos colexios electorais de Santiago de Compostela
10:38
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, votou en Vigo pasadas as dez e media da mañá
10:35
O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, confirma que abriron con normalidade o cen por cento das mesas electorais en Galicia
10:16
Pancho Casal, da Marea Galeguista, di que "hoxe Galicia non decide catro senón trinta anos"
09:32
A candidata do BNG, Ana Pontón, foi a primera en depositar o voto dos cabezas de lista no 12-X
09:05
A primeira votante de Pontedeva foi unha muller de 99 anos
09:00
Abren os colexios electorais en toda Galicia