CRTVG

Buscar

Miñones: "Non se descarta ningunha vía, e unha é a homófoba"

Publicado o 07/07/2021 09:52

Os tres tres mozos detidos como presuntos autores da malleira mortal a Samuel Luiz permanecen nas dependencias da Policía Nacional da Coruña á espera de pasaren á disposición xudicial. Son tres mozos galegos, da Coruña, entre 20 e 25 anos: dous rapaces, e unha rapaza. Entre eles, estaría a persoa que empezou a pelexa. O delegado do Goberno en Galicia manifestou este mércores que a investigación continúa e que a policía segue a visionar as imaxes das cámaras e dos teléfonos móbiles das testemuñas que gravaron. José Miñones dixo que "é difícl porque hai moitas e algunhas con moi pouca calidade" e que os axentes traballan para recadar máis datos. O delegado afirmou que non se desbotan máis detencións e pedíu paciencia e prudencia. Sobre o presunto delito de odio detrás da agresión, Miñones dixo que se investigan todas as vías, e unha delas é a homófoba, e que será o xuíz o que ditamine se hai un delito de odio.

 

Noticias web

07/07/2021