CRTVG

Buscar

Miño, destino turístico para os visitantes que tentan sortear as aglomeracións

Publicado o 01/08/2021 17:29
Miño, destino turístico para os visitantes que tentan sortear as aglomeracións

Comezou o mes das vacacións por excelencia e por iso son moitas as persoas que se achegan ata Miño. Chegan dende distintos puntos da xeografía española e buscan cousas moi concretas, como, por exemplo, a praia.

Con todo, parece que o bo tempo se fai de rogar e por iso moitos apostan por outro tipo de turismo. No Concello de Miño avogan por actividades como o sendeirismo; principalmente espazos amplos e onde non haxa aglomeracións.

Noticias web

01/08/2021