CRTVG

Buscar

Facenda dispón dun informe da Avogacía que frea o pago da débeda ás comunidades

Publicado o 28/08/2019 14:24

A ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, declarou nunha entrevista en Onda Cero que ata agora non tiñan por escrito o informe da Avogacía do Estado sobre o pagamento dos 6.000 millóns de euros que o Goberno central lles debe ás comunidades autónomas, 700 deles a Galicia.

A ministra asegurou que o ditame da Avogacía do Estado se fixera mediante consultas, e que agora xa dispón finalmente dese escrito, en que asegura que un goberno en funcións non pode librar esas cantidades porque non pode tomar decisións que non sexan ordinarias.

Montero acusou os partidos de facer "floritura política" con este asunto e pediulles que se absteñan ou que voten a favor da investidura de Pedro Sánchez para desbloquear a situación e poder recibir os cartos. De todos os xeitos, dixo, seguirán explorando fórmulas para intentar facer efectivo o pagamento.

Noticias web

28/08/2019