Millóns de persoas, afectadas pola vaga de frío nos Estados Unidos
Publicado o 17/02/2021 14:54
A vaga de frío que afecta os Estados Unidos e o norte de México deixa, polo momento, 22 persoas falecidas.
Tamén está a provocar numerosos cortes de electricidade e serios problemas na mobilidade tanto por estrada coma no tráfico aéreo. Xa se cancelaron máis de catro mil catrocentos voos.
Estanse rexistrando mínimas históricas e o temporal está tamén afectando o proceso de vacinación contra a covid-19.