Millóns de italianos seguen o funeral de Raffaella Carrá pola televisión pública
Aplausos na entrada do cadaleito co corpo de Raffaella Carrá no funeral deste venres na igrexa romana de Santa María in Aracoeli. Un funeral discreto, e medido ao milímetro para cumprir a última vontade da diva italiana. Discreto e sinxelo tamén o féretro de madeira sen ningún tipo de ornamentación por expreso desexo dela.
O encargado de oficiar a misa o sacerdote e amigo da artista Simone Castaldi que recordou a súa profunda fe. El e a súa exparella e compañeiro ata os últimos días, Sergio Japino, foron os encargados dunha cerimonia que se restransmitiu en directo pola primeira canle da televisión pública italiana. Millóns de fans déronlle o último adeus desde as casas e desde toda Italia.
Entre risas contaba este cómico dun monicreque que formaba parte dun programa satírico que se emitía cando ela traballaba en España, que cando o viu riuse moito e dixo, 'mira, marcho de Italia e fanme un monicreque'.
Máis aplausos para unha vida de aplausos. A que rematou hai uns días aos 78 anos, a mesma que deixou dito que as súas cinzas repousen nun monte fronte ás costas toscanas. Máis aplausos e máis cancións no día do seu funeral. As súas derradeiras vontades.