CRTVG

Buscar

Millo autóctono e porco celta para I+D+i galego

Publicado o 10/06/2021 20:13

Xa están a sementar o millo corvo, autóctono galego, para alimentar os porcos celtas nos vindeiros meses. Esta variedade, mesturada co alto oleico, permite prescindir da manteiga animal ou do aceite de palma para aportar graxa na ración diaria dos porcos. Así obtense unha carne máis saudable, con compoñenetes antioxidantes e a un menor custo para o gandeiro e o consumidor. E tamén se recupera un cultivo cen por cen galego.

"Transformamos e melloramos o perfil de ácidos grasos na carne de porco celta. A alimentación alta en ácidos monoinsaturados mellora o perfil da carne", explica José Luis García, nutrólogo de Cecoagro.

Co proxecto quérese tamén buscar un aproveitamento rendible a aquelas partes do porco que non se comercializan. Os refugallos de graxa poden ter numerosas aplicacións tanto culinarias, como de alimentación animal ou mesmo cosméticas. A clave está en que o emprego destes cereais autóctonos na alimentación dos cochos cree unha graxa case exclusiva polas súas propiedades saudables.

"Que usos se lle pode dar para aproveitar eses refugallos. Manteiga pasteleira, crioulos e outras receitas de máximo aproveitamento", sinala Cruz Castro, técnico de Asoporcel.

Cereal galego para unha raza galega e todo con investigadores e empresas galegas e en parcelas espalladas por Galicia. É decir, investigación e desenvovemento totalmente autóctonos.

Noticias web

10/06/2021