CRTVG

Buscar

Milleiros de turistas alemáns chegan esta fin de semana ás illas Baleares

Publicado o 11/07/2021 11:08

Nas últimas semanas foron varios os países europeos que aumentaron as restricións de mobilidade en temporada alta turística.

Alemaña, por exemplo, incluíu España como zona de risco alto por covid, pero iso non se notou en aeroportos coma o de Palma, que estes días reciben ducias de voos procedentes de cidades xermanas. O goberno alemán esíxelles desde hoxe unha proba PCR negativa ou un certificado de vacinación.

Nas illas Baleares non notaron polo momento grandes cambios nos programas de reservas, pero temen que as cousas poden variar se os contaxios se disparan e non se acelera o plan de vacinación.

Noticias web

11/07/2021