CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas protestaron en distintas cidades do Brasil contra o presidente Bolsonaro

Publicado o 13/09/2021 08:37
Milleiros de persoas protestaron en distintas cidades do Brasil contra o presidente Bolsonaro

Milleiros de persoas protestaron en distintas cidades do Brasil contra o presidente Bolsonaro. Pedían a apertura dun xuízo político que busca a súa destitución. O novo descontento social produciuse logo de que o mandatario lanzase ameazas contra un xuíz do Tribunal Supremo durante unha marcha cos seus simpatizantes, despois de que a corte abrise investigacións na súa contra pola difusión de noticias falsas. Bolsonaro está asediado por investigacións xudiciais, a inflación, o desemprego e unha caótica xestión da pandemia que erosionou a súa popularidade.

Noticias web

13/09/2021