CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas demandan medidas contra o réxime cubano nunha protesta en Washington

Publicado o 27/07/2021 21:13

Varias caravanas procedentes da Florida protestaron en Washington para esixir ao presidente Joe Biden medidas contra o réxime cubano. Consideran que este é o momento de estimular un cambio na illa. 

Milleiros de persoas, a maioría latinos e cubanoamericanos, marcharon sobre Washington ata a Casa Branca e a embaixada de Cuba para demandar liberdade na illa, incluídos varios congresistas republicanos. Tamén houbo concentracións de apoio en Miami. O obxectivo foi presionar a administración Biden para que sexa máis dura co réxime comunista.

Por agora o Goberno americano limitouse a impoñer sancións a dous altos cargos castristas e baralla medidas para achegar Internet aos cubanos. Un total de 19 congresistas republicanos pediron por carta a Biden unha reunión para falar de Cuba, onde a represión deixou centos de arrestados e polo menos 60 procesos sen garantías legais.

Noticias web

27/07/2021