CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas celebraron na rúa a condena ao policía que matou a George Floyd

Publicado o 21/04/2021 20:32

Apenas sen inmutarse escoitou o seu veredicto de culpabilidade o policía acusado de asasinar a George Floyd, Mentres tanto, nas rúas de Minneápolis, milleiros de persoas que seguían en directo a vista saltaron e berraron de xúbilo.

A condena é tripla e unánime. O xurado popular considera o policía culpable dos tres cargos aos que se enfrontaba: asasinato involuntario en segundo grao, asasinato en terceiro grao e homicidio involuntario. En total, suma penas que poderían chegar ata os 75 anos de cárcere.

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden describiu o veredicto como un paso xigante na marcha cara á xustiza: "Ninguén debería estar por riba da lei, e o veredicto de hoxe envía esa mensaxe. Pero non é suficiente. Non pode parar aquí. Para deixar cambios e reformas verdadeiras, podemos e debemos reducir a probabilidade de que traxedias coma esta poidan volver pasar", dixo. 

O propio presidente chamou a familia de Floyd ao coñecerse o veredicto. A pena que deberá cumplir o exaxente de polícia coñecerase nunhas semanas, entre 6 e 8.

O Departamento de Xustiza do país anunciou xa unha investigación sobre as prácticas da policía de Mineápolis. Pero os abusos esténdense por todo o país. Minutos antes de coñecerse o veredicto de Floyd, a policía de Columbus mataba unha adolescente negra de 16 anos. A súa morte súmase á do afroamericano Daunte Wright, de 20 anos, en Minnesota, e á de Adam Toledo, de 13 anos, en Chicago.

Noticias web

21/04/2021