Milleiros de evacuados no Congo pola erupción dun volcán
Publicado o 23/05/2021 12:43
O volcán Nyiragongo entrou en erupción e a lava obrigou a evacuar Goma, no leste do Congo, penetrou na cidade, destruíu casas e entrou no aeroporto.
Na fuxida da poboación vivíronse escenas de pánico. O volcán entrou en erupción ás 19:00 hora local. Na última das erupcións, en 2012, morreron 250 persoas e 12.000 perderon os seus fogares. A lava flúe polo Parque Nacional de Virunga, a menos de 20 quilómetros ao norte de Goma e nas proximidades da fronteira con Ruanda e cara á cidade.
É unha zona protexida pola súa gran biodiversidade en África e alberga gorilas de montaña en perigo de extinción.