CRTVG

Buscar

Milleiros de consumidores non recibiron os cartos correspondentes ás viaxes canceladas pola covid

Publicado o 16/03/2021 20:10

A covid-19 desbaratou innumerables plans e obrigou á cancelación de viaxes, celebracións e distintos eventos ao longo do último ano. A día de hoxe milleiros de consumidores seguen sen conseguir un reembolso por esas cancelacións. Dende as asociacións de consumidores sinalan que menos da metade das reclamacións estan a obter esas devolucións ás que sen dúbida os clientes teñen dereito.

Xa sexa ante a Axencia de Seguridade Aérea por un voo ou ante unha autoridade de consumo no caso dunha viaxe combinada xestionada por exemplo por unha axencia de viaxes moitas reclamacións rematan na xustiza ordinaria por incumprimento contractual. Os bonos que moitas compañías emitiron con validez dun ano deben ser aceptadas voluntariamente polo consumidor.

A situación segue plenamente vixente a día de hoxe malia que teñamos máis información sobre a situación das viaxes. Dende as asociacións recomendan con vistas á ponte de San Xosé ou a Semana Santa coñecer ben as restricións dos lugares a visitar e as políticas de devolución, suspensión e penalización das compañías.

Noticias web

16/03/2021