A bondade da dona dun bar de Pontevedra recibe milleiros de aplausos 16 anos despois
Publicado o 28/09/2021 14:33
Endexamais pensou Carmen que un comentario nas redes sociais ía ter tal repercusión.
Hai dezaseis anos serviu un prato de comida a un cliente que nunca pedía nada. Decatouse de que non o facía porque non podía pagalo.
Ela case non o lembra, pero este xesto de xenerosidade quedou gravado no corazón de Xavier. Hai uns días publicouno nas redes e dende entón o local de Carmen recibiu millerios de comentarios positivos nas redes.
Din que non hai callos como os que fai Carmen e agora nas redes e grazas ao xesto de Xavier todos corroboran que a súa comida non só enche os estómagos, senón tamén os corazóns.