CRTVG

Buscar

Milleiros de colombianos saen as rúas nunha xornada de paro tras 15 días de protestas

Publicado o 12/05/2021 21:29

En Colombia, o goberno de Iván Duque non logra desactivar as protestas malia o intento de diálogo co Comité Nacional de Paro sobre a refoma tributaria. Hoxe cúmprense 15 días de protestas e de novo houbo manifestacións multitudinarias nas principais cidades do país, que, polo momento, están sendo pacíficas. O Goberno de Colombia pide levantar as protestas, e advirte do colapso nos hospitais, onde, aos ingresos pola covid houbo que sumar nos últimos días o de máis de 800 persoas feridas nos disturbios. Van ademais 42 falecidos nas protestas.


As mobilizacións tomaron o país hai dúas semanas, inicialmente para protestar contra a xa retirada reforma tributaria presentada polo Goberno do presidente Iván Duque, pero a cidadanía desconforme segue aferrada ás rúas como un acto reivindicativo con peticións como que se deteñan os masacres e o abuso policial.

Noticias web

12/05/2021