CRTVG

Buscar

Milleiros de cidadáns piden a dimisión de Netanyahu

Publicado o 25/10/2020 00:19
Milleiros de cidadáns piden a dimisión de Netanyahu

Manifestación contra Netanyahu

Milleiros de persoas manifestáronse de novo en todo Israel para esixir a dimisión do primeiro ministro, Benjamin Netanyahu, polas causas por corrupción que ten abertas. Entre outras, a compra irregular de cinco submarinos alemáns. Nas principais cidades do país os manifestantes, que se mobilizan cada semana dende hai cinco meses, portaban bandeiras israelís, as xa típicas bandeiras negras e moitos levaban os cada vez máis populares panos rosados. Todos coa mensaxe "vaite".