CRTVG

Buscar

Milleiros de arxentinos reclaman medidas de creación de emprego

Publicado o 19/08/2021 09:51

Milleiros de persoas botáronse ás rúas na Arxentina para reclamarlle medidas sociais e de creación de emprego ao Goberno de Alberto Fernández. A convocatoria tivo especial repercusión en Bos Aires, con arredor de 80.000 asistentes, pero foi respondida en 22 localidades arxentinas.

O reclamo pasa polo que chaman 'traballo xenuíno', que prestaría atención á creación de emprego, á regulación duns salarios dignos e á mellora das xubilacións. Unha protesta que rematou ante o Ministerio de Desenvolvemento Social, só uns meses antes das eleccións de novembro.

Noticias web

19/08/2021