CRTVG

Buscar

Os nenos volven ás aulas logo das vacacións do Nadal

Publicado o 08/01/2021 09:02

Milleiros de alumnos regresan ao colexio despois das vacacións de Nadal. Non o farán en toda España porque algunha comunidade decidiu aprazar ata o luns ese regreso. En Galicia si volveron. Fano porque, segundo a Consellería, as aulas son lugares seguros.

Despois de varias semanas de vacacións,os nenos regresaban ás aulas con ganas de reencontrarse cos compañeiros mentres que entre os pais, aínda que con ganas de que os pequenos volveran á rutina, respirábase un certo temor por este regreso, para algúns, un tanto precipitado.

A ese medo aos posibles efectos das festas do Nadal nas aulas, os pais suman tamén a preocupación polas baixas temperaturas que estamos a rexistrar estes días, xa que ven na obriga de ter as aulas constantemente ventiladas, outra vía pouco segura que pode traer outras enfermidades.

Os sindicatos educativos eran máis partidarios de volver o próximo día 11.

 

Noticias web

08/01/2021