CRTVG

Buscar

Militares retirados asaltan o Congreso de Guatemala para reclamar indemnizacións da guerra

Publicado o 20/10/2021 09:23
Militares retirados asaltan o Congreso de Guatemala para reclamar indemnizacións da guerra

Vehículos ardendo, estragos na rúa, persoas feridas e outras fuxindo para agocharse... É o panorama que quedou na capital de Guatemala despois de que centos de militares retirados irromperan no Congreso para reclamar que lles paguen a compensación económica pola súa participación na guerra civil de 1960 a 1996.

Onte botáronse á rúa con machetes, paus e pedras. Entraron pola forza na sede do lexislativo guatemalteco, onde queimaron oficinas, cinco coches e tres motos. Deixaron unha ducia de policías e catro xornalistas feridos. Ante a violencia dos veteranos, os poucos deputados que había nese momento no Congreso tiveron que agocharse en salas do edificio fóra do alcance dos manifestantes.

Noticias web

20/10/2021