CRTVG

Buscar

Militares de Malí deteñen o presidente e o primeiro ministro descontentos coa remuda no Goberno

Publicado o 25/05/2021 08:53
Militares de Malí deteñen o presidente e o primeiro ministro descontentos coa remuda no Goberno

Un grupo de militares de Malí detiveron o presidente e o primeiro ministro do país descontentos coa remuda efectuada no Goberno. Os dous políticos detidos lideraban o Goberno de transción creado tras o golpe de estado de agosto do ano pasado. De momento, non está claro se estas detencións fan parte dun novo golpe de estado, e a ONU pediu a liberación inmediata e incondicional do presidente e do primeiro ministro. 

Noticias web

25/05/2021