CRTVG

Buscar

Miles de persoas asisten en Madrid a beatificación de Guadalupe Ortiz

Publicado o 19/05/2019 11:56

O Palacio de Vistalegre de Madrid acolleu a unhas dez mil persoas para seguir en vivo a a beatificación de Guadalupe Ortiz de Landázuri, primeira muller e primeira persoa laica da prelatura do Opus Dei que o alcanza despois do fundador e do seu sucesor, os dous relixiosos.

A cerimonia presidiuna o legado pontificio e cardeal Angelo Becciu, a quen acompañaba o prelado da orde, Fernando Ocáriz, unto con varios cardeais, dez arcebispos e 18 bispos. Guadalupe Ortiz formou parte do primeiro grupo de mulleres que empezou o apostolado da institución en México.

Noticias web

19/05/2019