CRTVG

Buscar

Milán inicia o seu segundo confinamento entre resignación e frustración

Publicado o 06/11/2020 17:39
Milán inicia o seu segundo confinamento entre resignación e frustración

Os milaneses inician este venres o seu segundo confinamento pola pandemia do coronavirus entre resignación e frustración, despois de que o Goberno italiano decretara o peche das rexións setentrionais da Lombardía, cuxa capital é Milán, O Piamonte e O Val de Aosta, e a meridional Calabria.

Trátase dunha medida coa que o Goberno italiano tenta frear os contaxios e que impuxo ás rexións con máis casos, aínda que este segundo confinamento é algo máis brando que o aprobado na primavera para todo o país. Segundo os últimos datos, A Lombardía rexistrou case 10.000 novos contagios en 24 horas, e Milán é a provincia máis afectada, especialmente a capital.

Desde hoxe pecharon as tendas, restaurantes e bares, prohíbese viaxar a outras rexións e saír de casa se non é para ir ao traballo, levar os nenos ao colexio ou por motivos urxentes ou de saúde, pero seguen abertos os supermercados, as fábricas e outras actividades como as barberías, estancos, farmacias e quioscos e as garderías e colexios só para a educación primaria.

Noticias web

06/11/2020