CRTVG

Buscar

Miguel Ángel Ortega, novo adestrador do Durán Maquinaria Ensino

Publicado o 21/04/2021 21:22

Miguel Ángel Ortega quere que siga medrando o proxecto do Durán Maquinaria Ensino. O adestrador catalán asentado en Galicia foi presentado esta mañá. Asina por dúas tempadas.

Ortega ten un brillante palmarés, logrou dous tripletes, Liga, Copa e Supercopa, co Perfumerías Avenida. Ven no lugar de Cantero, que dirixirá ao Zaragoza.

Tamén deixa o Ensino a base serbia Aleksandra Stanacev, quen xogará no estranxeiro. Con todo, Ortega di que está ilusionado co novo reto.

Noticias web

21/04/2021