CRTVG

Buscar

Miguel Méndez: "Debemos estar moi orgullosos do baloncesto galego"

Publicado o 16/06/2021 12:29

Mañá comeza o Eurobasket feminino para España, con Raquel Carrera e Paula Ginzo, pero sen Tamara Abalde

Mañá comeza o Eurobasket feminino para España. Raquel Carrera e Paula Ginzo serán a representación galega na selección española de baloncesto. Tamara Abalde caeu definitivamente da lista despois de dar positivo de novo na proba do coronavirus.

E estivemos co adestrador galego máis laureado. Con Miguel Méndez, tres euroligas no seu palmarés. No día en que soubemos que Tamara Abalde non estará no Europeo. Campionato de Europa que arranca mañá en Valencia e que a xogadora viguesa deixará de xogar por positivo por coronavirus. Deu negativo na última proba realizada, necesitaba tres para volver á selección.Tampouco estará Alba Torrens, xogadora que milita ás ordes de Miguel Méndez no Ekaterimburgo.

Méndez fala sobre as xogadoras galegas que adoitan formar parte das convocatorias da selección española feminina de baloncesto.

"Raquel está chegando, explotou dunha maneira brutal este ano, con moita confianza no seu club. Está demostrando esa sabedoría que ten a pesar de ser aínda moi nova", comentaba Méndez sobre a xogadora do Valencia Basket.

"Paula vai moi pouco a pouco, con máis tranquilidade, sumando minutos en diferentes equipos. É unha persoa moi centrada, estar en órbita de selección, entre as 15 que normalmente están non é nada fácil porque hai moita competencia. Debemos estar moi orgullosos do baloncesto galego", concluía o adestrador vigués.

Noticias web

16/06/2021