CRTVG

Buscar

Miguel Méndez asume "con moita ilusión" o mando da selección feminina de baloncesto

Publicado o 24/09/2021 14:42

E esta mañá comezou a etapa de Miguel Méndez como seleccionador feminino. O vigués asume o mando en substitución de Lucas Mondelo, a quen felicitou pola súa traxectoria.

Méndez dirixiu seleccións inferiores e debutará en novembro coa absoluta. Obxectivo: chegar a París 2024 con opcións de medalla.

"Faime moita ilusión volver traballar coas xogadoras e facer o equipo recoñecible, o obxectivo é gañar cada partido", comentou na súa presentación.

Noticias web

24/09/2021