CRTVG

Buscar

Miguel García, ex do Sporting e do Lugo, analiza a situación do equipo galego

Publicado o 08/05/2021 14:48

O Sporting e o Lugo enfróntanse nun partido chave para as súas aspiracións e co ex xogador de ambos equipos, Miguel García, entre dúas augas.

Miguel García. Ex xogador do Sporting e do Lugo. "O Sporting de Xixón é a miña casa, os meus principios e finalmente o Lugo, aquí cheguei para xogar un ano e xa levo trinta e pico".

Miguel estivo sete temporadas no Lugo onde disputou 234 partidos oficiais. Polo tanto é unha voz autorizada para analizar as causas que levaron ó equipo á zona de descenso e a ter catro adestradores.

Miguel García. Ex xogador do Sporting e do Lugo. "Juanfran tiña claro que a súa fortaleza non era a técnica, nin a táctica, era unha fortaleza máis de persuasión e cando houbo troco adestrador si que houbo un cambio, un xogo máis directo,non?, de repente cesas ó adestrador e o que vén pensa, se botan a un que xogaba dunha forma determinada pois eu estou na obriga de xogar a outra cousa, non?".

De ahí que para o asturiano a solución pase agora mesmo por simplificar o traballo.

Miguel García. Ex xogador do Sporting e do Lugo. "O equipo non está preparado para competir noventa minutos cunha concentración máxima, entón sería dicir, vamos acadando minutos, dez minutos, vinte minutos, nos que o xogador vaia crecendo."

Esta e a foto que saca un histórico coma Miguel García.