CRTVG

Buscar

Michel Platini, en liberdade tras máis de 15 horas de interrogatorio

Publicado o 19/06/2019 10:08

E Michel Platini, ex-presidente da UEFA, quedou esta pasada noite en liberdade tras máis de 15 horas de interrogatorio. Este era o momento en que Platini abandonaba a comisaria acompañado polo seu avogado. Entenden que a detención foi desproporcionada.

Platini foi detido por sospeitas de corrupción na atribución do Mundial de Qatar 2022. No punto de mira dos investigadores está unha comida organizada polo ex-presidente Sarkozy no palacio do Elíseo en 2010 e á que asistiu o emir de Qatar. Días despois desta xuntanza, escolleuse Qatar como organizador do Mundial. Os investigadores queren saber se Platini votou que si a cambio de favores do Emirato para Francia. O ex-presidente da UEFA deféndese.





 

Noticias web

19/06/2019