O "mexillón emigrante" gaña o concurso de receitas no Grove
Publicado o 12/10/2019 21:37
Unha das organizadoras da coopeativa Amegrove, e do concurso de receitas elaboradas con mexillón, deixa na mesa onde se exhibirán os nove participantes o prato "mexillón emigrante".
O xurado composto por catro profesionais da gastronomía observan e proban o que os concursantes, case todos profesionais da cociña, lles propoñen.
E á vista está, desde un mexillón afumado feito por unha cociñeira profesional a un paté caseiro feito por unha muller que só cociña na súa casa de Madrid, Estrella.
Nin Sandra nin Estrella gañaron. A mellor receita de mexillón é neste 2019 o "mexillón emigrante", de Rubén González.