CRTVG

Buscar

México supera as 20.000 defuncións por covid-19 en plena volta á normalidade

Publicado o 20/06/2020 11:31

México superou este venres os 20 mil mortos e 170 mil casos confirmados de covid-19 ao sumar máis de cinco mil contaxios e 647 finados na xornada. O primeiro caso detectado no país centroamericano confirmouse o 28 de febreiro e a primeira defunción rexistrouse o 18 de marzo, pero as autoridades sanitarias confirmaron que os casos acumulados multiplicáronse 1,8 veces desde o 1 de xuño e pasaron de 93.435 a 170.485 contaxiados.

O Goberno puxo en marcha unha estratexia de "nova normalidade" que implica reactivar a economía con base nun semáforo federal de catro cores que indica as actividades permitidas, principalmente en ocupación hoteleira, restauración e outros servizos. México é o país de entre os membros da OCDE que menos probas aplica á súa poboación e o foco máis activo da pandemia sitúase na capital, en Cidade de México.

Noticias web

20/06/2020