México di que mantén a dignidade intacta tras o acordo migratorio con Trump
O presidente de México defendeu que se impuxo a política sobre a confrontación, reafirmou o seu compromiso de frear a entrada de migrantes nos Estados Unidos pero asegurou que non o ían facer violando os dereitos humanos.
O secretario de Relacións Exteriores tamén insistiu en que manteñen a dignidade intacta e que evitaron que preto de 900.000 mexicanos perdasen os seus traballos.
Os migrantes que desde distintos puntos de Centroamérica atravesan México para chegar aos Estados Unidos coindicen en que nada os vai frear.
Polo acordo, México comprometeuse a despregar 6.000 axentes na fronteira con Guatemala para parar as caravanas e a acoller os migrantes que buscan o asilo nos Estados Unidos mentres se resolven as solicitudes. E os Estados Unidos, a apoiar un proxecto de desenvolvemento para Centroamérica.