CRTVG

Buscar

Mesturar vacinas produce efectos moderados ou leves que duran pouco tempo

Publicado o 13/05/2021 13:09

Inocular unha primeira vacina de AstraZeneca e a segunda dose de Pfizer pode triplicar os efectos adversos. Pero despois chega a aclaración: son de escasa importancia, non se alongan no tempo e adoita ser suficiente un paracetamol para contrarestalos. Os investigadores de Oxford levan traballando neste estudo dende comezos de ano.

O estudo da Universidade de Oxford será un dos que estean enriba da mesa da Comisión de Saude Pública. Retrasa ata a semana que vén a decisión máis axeitada sobre a segunda dose que deben recibir os menores de 60 aos que xa lles inocularon a primeira dose de AstraZeneca.

Son dous millóns de traballadores esenciais que agardan unha decisión. Sanidade considera inocularlles a segunda dose de Pfizer. 

 

Noticias web

13/05/2021