CRTVG

Buscar

Messi quere marchar do Barcelona

Publicado o 25/08/2020 19:35
Messi quere marchar do Barcelona

O capitán do Barcelona, Lionel Messi, enviou un burofax ao club catalán en que solicita que se lle conceda a carta de liberdade para poder asinar por outro club. Fontes da entidade azulgrana explicaron que, na misiva, Messi alega a cláusula que ten no seu contrato e que lle permitía irse libre antes do pasado 10 xuño.

Con todo, como o internacional arxentino non a executou antes desa data, o Barça deuno automaticamente por renovado unha tempada máis, ata o 30 de xuño de 2021, e a súa cláusula de rescisión pasou a ser de 700 millóns de euros.

O Barcelona respondeu ao burofax de Lionel Messii con outro burofax en que lle pide que se retire no Barça. O Barcelona propón ao astro arxentino que lidere, "con forzas e ilusións renovadas", o novo proxecto deportivo "como sempre fixo" e que finalice a súa carreira no Camp Nou.

Por outra banda, lembra ao capitán do conxunto azulgrana que a cláusula que lle permitía solicitar a carta de liberdade debía executarse antes do pasado 10 xuño e que, polo tanto, ao ter un ano máis de contrato en vigor, a súa cláusula de rescisión é de 700 millóns de euros.

Noticias web

25/08/2020