CRTVG

Buscar

Messi mantén o pulso e non se presentou ás probas PCR do Barcelona

Publicado o 29/08/2020 22:03

Novidades no caso Messi. Segundo afirman os compañeiros de RAC 1, o arxentino comunicoulle ao Barcelona que non se vai presentar mañá ás probas PCR do club blaugrana. É unha volta máis no órdago de Messi, que ten a intención de abandonar libre o equipo catalán. No Barcelona entenden que segue vixente a súa cláusula de rescisión, que ascende aos 700 millóns de euros, e polo tanto ségueno considerando xogador do equipo.

Noticias web

29/08/2020