CRTVG

Buscar

Messi despídese desconsolado do Barcelona

Publicado o 08/08/2021 13:23

A imaxe do día é a da despedida de Leo Messi do Barcelona. Un Messi desconsolado, con moitas dificultades para falar nun auditorio ateigado de compañeiros, familia e amigos. Dixo Messi que dicirlle adeus ao club ao que chegou sendo un neno é o máis difícil que lle pasou na vida.

O ata agora capitán asegurou que fixo canto estivo na súa man para seguir e e insistiu en que a débeda acumulada polo club e os límites fixados pola Liga frustraron a súa continuidade. Messi non desvelou nada sobre o seu futuro. Recoñeceu, iso si, que ten ofertas sobre a mesa e que quere seguir competindo e aspirando a todo os ultimos anos da súa carreira.

Noticias web

08/08/2021