Messi comunícalle ao Barça que quere marchar
Publicado o 25/08/2020 20:26

O capitán do Barcelona, Lionel Messi, enviou un burofax ao club catalán en que solicita que se lle conceda a carta de liberdade para poder asinar por outro club.
Na misiva, Messi alega a cláusula que ten no seu contrato e que lle permitía irse libre antes do pasado 10 xuño.
Con todo, como o internacional arxentino non a executou antes desa data, o Barça deuno automaticamente por renovado unha tempada máis, ata o 30 de xuño de 2021, e a súa cláusula de rescisión pasou a ser de 700 millóns de euros.
O club, que aínda non contestou a Messi, entende que esa é a cantidade que deberá aboar calquera equipo que queira fichar o astro arxentino.