CRTVG

Buscar

Meses de obras e tráfico restrinxido polos danos dos viadutos da A-6 en Pedrafita

Publicado o 25/10/2021 13:57

Mentres os operarios executan actuacións preventivas e de reforzo, os técnicos buscan sobre o terreo a mellor solución para atallar o dano estrutural que sofren os viaductos da autovía do Noroeste, no límite entre Galicia e Castela e León.

O impacto da chuvia e as escorrentías nesta zona de alta montaña obrigan a tomar medidas urxentes. Desde o pasado verán so está aberto un carril en sentido Madrid, mentres que os que chegan a Galicia son desviados pola nacional sexta atravesando Pedrafita.

Os que peor o levan son os que andan a diario pola zona. Din que hai que andar con máis coidado, pero entenden os cortes.

E mentres, Pedrafita recupera por un tempo o tráfico que perdera hai dúas décadas, cando se construiran estes viadutos. A preocupación é que a situación se complique cando comecen as nevaradas.

Noticias web

25/10/2021