Merkel recibe o Premio Europeo Carlos V pola súa traxectoria política
Publicado o 14/10/2021 14:39

O rei Filipe VI entregoulle a Angela Merkel o Premio Europeo Carlos V pola súa traxectoria política ao servizo de Europa. O xurado valorou o traballo da chanceler alemá no proceso de integración europea e para situar Europa nun lugar estratéxico a nivel internacional.
O galardón concédeo a Fundación Yuste da que o monarca é presidente honorífico. Ao acto tamén asistiu o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o da Junta de Estremadura, Guillermo Fernández Vara, entre outras autoridades.