CRTVG

Buscar

Merkel e Schulz prorrogan dous días as negociacións de goberno para lograr un acordo

Publicado o 05/02/2018 21:53

 

En Alemaña, os conservadores de Angela Merkel e os socialdemócratas de Martin Schulz tratan arestora de chegar a un acordo para conformar a gran coalición. As negociacións deberían concluír onte, pero ambos os dous partidos déranse dous días máis para superar as diferenzas e lograr un pacto definitivo. Os principais atrancos a salvar son dúas reinvindicacións socialdemócratas: garantir a igualdade de trato na sanidade privada e pública e limitar a sucesión de contratos temporais. 

Noticias web

05/02/2018