CRTVG

Buscar

Meritorio triunfo do Bergantiños contra o Deportivo (2-1)

Publicado o 05/08/2021 12:03

Noutro amigable xogado onte á tarde, no campo das Eiroas, en Carballo, o Bergantiños venceu o Deportivo da Coruña por 2 goles a 1.

Borja Jiménez puido contar para este terceiro amigable con Celso Borges. Adiantáronse os branquiazuis por medio de Quiles, no minuto 34. E dez minutos despois, no 44, empatan os locais con gol de Uxío da Pena.

Así chegouse ao descanso. No segundo tempo, no minuto 62, de novo volve marcar o Bergantiños, equipo acabado de ascender á Segunda Federación. O gol, despois dunha gran xogada individual, foi obra do exfutbolista do filial lucense, Antón Escobar.

Noticias web

05/08/2021