Meritorio quinto posto para Jacobo Garrido na súa estrea paralímpica
Publicado o 25/08/2021 13:27
O primeiro diploma destes Xogos Paralímpicos que virá a Galicia decorará as paredes da casa de Jacobo Garrido, onde se viviu con emoción a final dos 400 libres na que obtivo un quinto sabedor posto.
Non houbo metal, pero Jacobo fixo a súa mellor marca da temporada, 0.17.41, nunha proba en que o gañador, o australiano William Martin, bateu o record paralímpico. Con toda a carreira por diante dada a súa idade, o diploma soubo a éxito.
Estivemos na Coruña vivindo coa súa familia a emoción da final olímpica. A súa nai Gema Brun amosouse moi leda co acadado por Jacobo, malia que "o obxectio principal era a medalla".
Con só 19 anos, a Jacobo Garrido aínda ten moito futuro por diante.