Mercado de música en Vigo en apoio a un sector paralizado pola pandemia
Publicado o 26/12/2020 21:59
Levan vinte anos ofrecendo concertos en directo, pero hoxe este bar enblemático de Vigo ábrenos as súas portas para ensinarnos o mercado de Nadal que fixeron este ano para ensinar e vender os traballos daqueles grupos paralizados pola pandemia.
Como marca o cartel, feito por María Llauguer, este mercado é unha chamada de SOS para un sector que non pasa por bos momentos.
Neste 2020 sen música en directo, músicos, artistas e representantes do sector queren seguir estando aí aínda que sexa dende a distancia. Pechan as súas portas ás cinco da tarde, pero abrirán todos os días dende as doce do mediodía para que se poida gozar deste mercado ata o vindeiro cinco de xaneiro.