CRTVG

Buscar

Volve o menú do día aos bares, que se mostran optimistas pese á baixada de clientes

Publicado o 09/06/2020 15:28

Os fogóns de Juan comezaron a funcionar o 26 de maio e nese mesmo intre volveron os menús do día a esta cafetería de Bouzas.

Dos oito empregados, catro seguen en ERTE. Pasaron dos noventa menús diarios aos vinte. Os seus clientes son maioritariamente traballadores da zona.

Nestoutra cociña preparan o menú deste martes. Dous pratos, bebida, sobremesa ou café por dez euros.

Omar inaugurou o seu retaurante italiano a finais de maio. Ofrece un servizo diario de comidas. Asegura que toca reinventarse e adaptarse á nova situación.

A diminución de clientes é unha realidade, pero, de momento, non queren falar de perdas económicas. O tempo porá as cifras a un sector que volve, se cabe, con máis forza.




 

Noticias web

09/06/2020