Mensaxes a través da radio para loitar contra a soidade deste Nadal en Sarreaus
Publicado o 20/12/2020 16:47
É unha das mensaxes que se poderán escoitar na primeira emisión desta radio na rede que naceu cunha finalidade terapéutica.
Achegar a voz de maiores cos que traballan e de empregados ou voluntarios do Centro de Desenvolvemento Rural a aqueles que están sós este Nadal.
Non poderán xuntarse cos seus familares pero estoutra familia achegaralles un menú especial e o agarimo destas palabras.