CRTVG

Buscar

Mensaxe na area para agredecer o esforzo do persoal sanitario

Publicado o 04/03/2021 15:52

Resolto o misterio do "GRAZAS" que apareceu escrito na area da praia de Santa Cristina en Oleiros. A verba de gran tamaño, gravado por unha cámara, forma parte dun vídeo que recibíu todo o persoal do CHUAC no seu ordenador.

Segundo explica Javier Fernández Nistal, director de Recursos Humanos da área sanitaria A Coruña-Cee, coa mensaxe "O teu compromiso, a nosa esperanza", a dirección do hospital quere agradecer todo o traballo e o esforzo realizado durante a pandemia.

O vídeo mostra que detrás de cada máscara hai un sorriso que leva escondido 365 días, profesionais anónimos, ocultos tras un EPI, que queren trasladar unha mensaxe de esperanza. 

Noticias web

04/03/2021