O Papa Francisco instou a que se garantan "as vacinas para todos"
É unha imaxe insólita da praza de San Pedro baleira a mañá de Nadal, pero é que este ano o Pontífice non se asomou ao balcón da Logia central da Basílica para dar a súa mensaxe e a Bendición 'Urbi et Orbi'.
Por primera vez na historia, e para evitar aglomeracións de fieis na Praza o acto realizouse no interior da Basílica de San Pedro.
E a pandemia non só influíu na forma da cerimonia senón que ocupou tamén boa parte da mensaxe de Nadal.
O Papa Francisco rogou para que a vacina contra a COVID chegue ao mundo enteiro.
A vacina debe estar a disposición de todos", dixo Francisco.'Que nin os nacionalismos pechados, nin o individualismo, as leis do mercado, nin as patentes impidan que as vacinas cheguen a todos'.E para iso o Papa propúxolles aos Estados cooperación e non competencia.
"Ante un desafío que non coñece fronteiras, non se poden erguer barreiras. Estamos todos na msma barca",afirmou
O Papa non esqueceu pedir a paz para as guerras actuais polo que reapasou os máis dos conflitos desde Siria e Iemen ata Venezuela, O Nagorno Karabaj ou os que viven os rohinjas e os Iazidís