España baixa dos cen mortos o día en que Galicia só rexistra un falecido polo virus
• Hai máis hospitalizacións e ingresos nas UCI pero menos contaxios
• Galicia rexistra cinco vítimas na fin de semana, e descenden os casos activos
É a primeira vez en dous meses que en España se rexistran menos de cen mortos nun día. Con este dato, Pedro Sánchez mantivo unha videoconferencia, a décima semana consecutiva, cos presidentes autonómicos.
Foron varios os mandatarios que insistiron na necesidade de regular o uso das máscaras, e o Goberno anunciou que nos vindeiros días aprobará a obriga de usalas en lugares públicos.
O ministro de Sanidade non dará máis detalles ata que a orde estea pechada. Foi uns dos temas centrais da xuntanza. Nela, os líderes autonómicos esixiron a Sánchez que fixe xa os criterios para o reparto dos 16.000 millóns de euros.