CRTVG

Buscar

Menores insultan, agriden e rouban os viaxeiros da estación de autobuses de Carballo

Publicado o 07/05/2021 14:55

Un grupo de menores, presuntamente, cada tarde, amedrentan os usuarios da estación de autobuses de Carballo. Aquí, supostamente, en canto chega un autobús, comeza o acoso.

A encargada da cafetería, que non quixo falar diante da cámara, e o seu marido tamén son vítimas. Eles comezaron a traballar aquí en marzo e di que daquela comezaron os insultos, roubos, vexacións e agresións aos viaxeiros. O seu marido tamén foi agredido por este grupo de mozos que o lesionaron nun brazo.

Mesmo contan que fixeron súa esta estación. Din que aquí, subidos a patinetes, bicicletas e motos, amolan tamén os usuarios. Na Garda Civil xa hai seis denuncias presentadas contra esta decena de mozos, case todos menores de idade. Os usuarios piden máis vixilancia.